martes, 26 de junio de 2007

O 97,4% dos nenos entre 5 e 9 anos en Galicia falan e entenden a lingua galega

En Galicia, un 97,4% dos nenos e nenas de entre 5 e 9 anos entenden e saben falar galego. O uso do idioma no mesmo tramo de idade segue a ter niveis altos. Usano sempre un 37,6% dos rapaces e, ás veces, un 47,7%, quedando reducido a un 14% os nenos que nunca falan no idioma.

Segundo os datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia do 2004 (MSG-04), a poboación máis nova é a que ten unha maior competencia lingüística. Os rapaces presentan un nivel elevado de dominio bilingüe galego-castelán nas catro destrezas, entender, falar, ler e escribir. A lingua inicial considérase un dos mellores indicadores da vitalidade dos idiomas que coexisten nas unidades bilingües. Este é un dato para ter en conta, dado que, maioritariamente, a lingua inicial dos galegos é o galego. Malia todo, nas franxas de 26 a 35 anos, o castelán pasa a ser lingua principal. Actualmente, o grupo máis numeroso na realidade sociolingüística galega é o dos bilingües iniciais, que constitúe o 41% dos galegos entre 15 e 54 anos.

No hay comentarios: