viernes, 27 de julio de 2007

O paro descende un 13,04% en Galicia no segundo trimestre

O paro baixou no segundo trimestre do ano en catorce comunidades autónomas, entre elas Galicia (-13,04 %) aínda que o fixo de forma máis significativa nas Illes Balears (-36,06 %) e A Rioxa (-26,84 %), mentres que subiu en tres comunidades, máis na Comunidade Valenciana. Segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA), difundida polo Instituto Nacional de Estatística (INE), no conxunto de España o paro baixou no segundo trimestre respecto ao trimestre anterior en 96.100 persoas, é dicir, un 7,95 %, co que o número de desempregados situouse en 1.760.000 persoas.

Ademais dos descensos das Illes Balears e A Rioxa, o paro baixou en Galicia (-13,04 %), Cantabria (-9,96 %), País Vasco (-8,60 %), Cataluña (-8,52 %), Estremadura (-7,09), e Murcia (-6,44 %), ademais da cidade autónoma de Melilla (-13,76 %), todas elas por encima da media nacional.

O paro tamén baixou, pero de xeito menos significativo en Madrid (-4,75 %), Asturias (-4,56 %), Aragón (-4,29 %), Canarias (-3,87 %), Andalucía (-3,67 %), e Castela e León (-0,91 %).

Pola contra, o paro aumentou na Comunidade Valenciana (3,37 %), Castela-A Mancha (3,26 %), e Navarra (2,80 %), ademais de Melilla, cunha subida do 42,25 %.

En termos absolutos, o paro baixou máis en Cataluña (-21.200) e Illes Balears (-17.200), mentres que subiu máis na Comunidade Valenciana (6.900).

Respecto ao segundo trimestre do ano anterior, o paro baixou en quince comunidades, e descendeu máis na Rioxa (-18,10 %) e Baleares (-15,11 %), mentres que só subiu na Comunidade Valenciana (15,89 %) e Asturias (12,86 %).

En termos absolutos, o paro baixou especialmente en Galicia (-19.300 parados menos), e Canarias (-13.300), mentres que subiu de forma significativa na Comunidade Valenciana, con 29.000 parados.

As taxas de paro máis altas rexistráronse en Estremadura (12,15), Andalucía (11,96) e Canarias (9,78), ademais de Ceuta (19,09) e Melilla (21,02), en tanto que as máis baixas déronse na Rioxa (4,24) e Navarra (5,26).

No hay comentarios: